Sunday 12 de May de 2024

O Concello de Oroso convoca o “Easter Camp”, un campamento de conciliación familiar para as vacacións de Semana Santa


O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición no “Easter camp”, unha iniciativa de conciliación familiar que terá lugar os días 21, 22, 23 e 28 de marzo, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. O “Easter Camp” está dirixido a nenos e nenas en idade escolar e incluirá unha serie de obradoiros de educación emocional.

Así, os nenos e nenas que se sumen a este campamento participarán en obradoiros de resolución de conflitos e habilidades sociais, xogos de equipo e cooperación, manualidades creativas e innovación, así como en actividades de ocio saudables. O horario será de 7:30 a 15:30 horas, aínda que hai posibilidade doutros horarios para adaptarse ás necesidades das familias, e os prezos oscilarán entre os 25 e os 35 euros. Tamén haberá posibilidade de acceder a servizos complementarios como almorzo, xantar ou merenda.

O “Easter camp” está organizado polo Concello de Oroso e a Escuela ConTalento. Para participar é preciso anotarse antes do 17 de marzo no centro cultural de Sigüeiro (881 981 380) ou na Escuela ConTalento (881 981 905 ou 669 956 427).